Neste volume presentamos unha obra de Vicente Risco case completamente descoñecida para o público galego. Trátase dunha serie de artigos que publicou entre 1930 e 1936 no diario vasco Euzkadi, naquela altura ligado ao PNV.
Neles, o intelectual ourensán vai debullando para o público vasco a súa imaxe particular do noso país e dos acontecementos máis significativos dese convulso período. Non faltan un bo número de artigos dedicados á política e ao nacionalismo, mais tamén fala de novidades editoriais, de arte contemporánea, do carácter galego ou da paisaxe da Galiza. Nesta colección de textos, Risco vai creando desde a súa perspectiva e cun estilo livián todo un cadro da época, unha instantánea ateigada de referencias a persoeiros do seu presente ou pasado, de feitos que el viviu desde a primeira liña, xa fose en calidade de observador ou protagonista, como o debate sobre o Estatuto de Galiza.
Desde Doutor Alveiros desexamos recuperar para a nosa lingua e cunhas edicións modernas e á altura dos tempos a obra completa de Vicente Risco, mesmo a que, por uns motivos ou por outros, foi publicada orixinalmente en castelán, como é o caso da presente. Consideramos fundamental para as nosas letras e para o público lector do país podermos contar cun corpus textual completo de Risco accesíbel para todo galegofalante.
Acompañan esta edición, os estudos preliminares de Xosé Estévez, Joaquim Ventura Ruiz e Iria-Friné Rivera Vázquez, así como un interesantísimo e moi necesario índice onomástico, obra de Joaquim Ventura.
Vicente Risco no xornal Euzkadi. Artigos arredor da Galiza e o nacionalismo galego
20,00€
Neste volume presentamos unha obra de Vicente Risco case completamente descoñecida para o público galego. Trátase dunha serie de artigos que publicou entre 1930 e 1936 no diario vasco Euzkadi, naquela altura ligado ao PNV.
Additional information
Autor | Vicente Risco |
---|---|
Formato | 153x230mm |
Nº de páxinas | 427 |
ISBN | 978-84-948980-6-8 |
Ilustrador | Xabier Varela |
Reviews
There are no reviews yet.