Obra finalista do XXII Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais
Pasen e vexan! Traspasar o luído veludo do pórtico do Pavillón da Risa era adentrarse nun mundo suspendido no tempo, no que as normas e valores imperantes fóraperdían vigor. Un lugar onde rir en liberdade as andan-zas dun heroe trangalleiro que arremetía sen prexuízos contra cregos, demos e touros, ao tempo que se com-portaba de xeito vulgar e procaz, na lingua do pobo. Despois daqueles minutos de riso compartido, o público dispersábase para volver á súa normalidade. Mais algo ficaba preso nos maxíns daquelas persoas que viran reflectidas as súas pulsións agochadas naquel personaxe de madeira e farrapo. Barriga Verde serviu, durante os momentos máis negros da Posguerra na Galiza,como voceiro das derrotadas, nun rexistro que se tornaba inaccesíbel ao control do réxime.
Esa é a tese desta obra que aspira a rescatar unha expresión da cultura popular galega que a emparenta con outras tradicións europeas de títeres. Reconstrúe a xenealoxía do personaxe e da familia de artistas ambulantes que lle deron vida e analiza os mecanismos que converteron un humilde teatro de monifates nun medio a través do cal comunicar as arelas dos sectores subalternos en tempos onde calquera transgresión da orde simbólica dominante era gravemente punida.
Reviews
There are no reviews yet.