Contos do Sacauntos. Romasanta e as mulleres

13,00

En outubro de 2017, tras os muros de pedra da Fundación Vicente Risco, en Allariz, tivo lugar un estraño conclave, bautizado como as VII Xornadas Romasanta. Alí, chegadas de Galiza e Portugal, xuntáronse persoas do eido académico e literario para expoñeren e aprenderen un aspecto novo do caso Romasanta, ese a quen alcumaron o Sacaúntos.

Mercar

Obra froito das VII Xornadas Romasanta

En outubro de 2017, tras os muros de pedra da Fundación Vicente Risco, en Allariz, tivo lugar un estraño conclave, bautizado como as VII Xornadas Romasanta. Alí, chegadas de Galiza e Portugal, xuntáronse persoas do eido académico e literario para expoñeren e aprenderen un aspecto novo do caso Romasanta, ese a quen alcumaron o Sacaúntos.

Durante o encontro falouse da situación das mulleres no século XIX, o tempo en que Manuel Blanco cometeu, supostamente, os seus atroces crimes. Pero alén de divulgar un coñecemento xeral sobre a muller na sociedade denimonónica, aos poucos foise introducindo unha cuestión a un tempo esvaradía e fascinante: Manuel Blanco Romasanta, o Lobishome, o Sacaúntos, fora bautizado co nome de Manuela, toda unha revelación que puxo en funcionamento os maxíns dos escritores e escritoras aíl presentes.

Pasados uns meses desde esa xornada clara e fría en terras alaricanas, foron chegando, en forma de relato, os diferentes textos das persoas que alí estiveron, e que compoñen este novo volume dos Contos do Sacaúntos.

Additional information

Autor

Antonio Manuel Fraga, Carlos Carvalheira, Carlos E. Silva, Fausta Cardoso Pereira, José Rosillo, Mariña Pérez Rei, Xesús Constela

Formato

133x210mm

Nº de páxinas

120

ISBN

978-84-948980-7-5

Ilustrador

José Rosillo Arribas

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Contos do Sacauntos. Romasanta e as mulleres”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *