Obra gañadora do III premio “Antón Risco” de Literatura Fantástica
Iago Cabaleiro, funcionario de bibliotecas na compostelá Cidade da Cultura, despois de moitos anos de investigacións, chegou á conclusión de que o Apóstolo Santiago ocultou o Graal nunha cova do Pico Sacro (Boqueixón).
Buscando financiamento para levar a cabo a súa tola busca, funda a “Asociación do Santo Graal Galego” que, a falta de máis candidatos, terá como secretaria unha falsa monxa perseguida polo seu exnoivo narcotraficante e como tesoureiro un parado de longa duración que pretende facer algo de diñeiro doado apropiándose dos fondos da asociación.
De maneira repentina e un tanto desesperada, o Graal Galego convértese no eixe sobre o que xirará unha trama política que ten como obxectivo, ademais de dar un bo golpe inmobiliario, aumentar o número de turistas que visitan a cidade de Santiago de Compostela e gañar as próximas eleccións autonómicas.
O Santo Graal Galego é unha sátira retranqueira sobre os tempos que estamos a vivir, onde a fantasía e a realidade se mesturan para concibir un lugar en que moitas verdades pequenas acaban formando unha gran mentira.
BUSCABAN O GRAAL E ATOPARON UN TESOURO
Reviews
There are no reviews yet.