O porco de pé (edición ilustrada)

14,00

Na posguerra, don Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.
Agora é presidente da Xuntanza Cidadá e doutras sociedades. A parenta botou abrigo de chinchilla e petigrís. Fixeron casa nova e teñen outro automóbil. Aínda podían ter máis.

Mercar

Así comeza O porco de pé, se cadra unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademais da primeira novela galega moderna segundo moitos críticos.
Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galiza caciquil dos tempos da ditadura de Primo de Rivera, as súas páxinas son en realidade un cadro paródico e a un tempo amargo da época en que foi escrito. O narrador dispara a torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galiza de comezos do século XX, unhapintura que por momentos nos leva á risa e por momentos transforma a gargallada en desacougo amargo.
Estamos ante unha novela que reborda intelixencia, unha obra que, malia que xa pasou case un século desde que foi escrita, conserva a súa actualidade, a súa vixencia e a súa frescura nos nosos días.

Additional information

Autor

Vicente Risco

Formato

153x230mm

Nº de páxinas

174

ISBN

978-84-942726-8-4

Ilustrador

Xabier Varela

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O porco de pé (edición ilustrada)”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *