O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística

20,00

Considerado unha icona polos seus coetáneos, a través da súa obra pode recompoñerse a vida de Camilo Díaz Baliño como artista. Dende 1909 ata 1936 con el chegou un novo concepto de creador. De introdutor da excelencia na escenografía teatral ao deseño gráfico, do interiorismo á pintura, pasando pola cinematografía, a ilustración e a publicidade, estas ramas aparecen unidas nas súas mans. Tan diversas facetas levaron a unha plasmación sen precedentes do céltico na arte galega, así como da fantasía e do terror. Nel prodúcese igualmente a unión da épica, a estética e a lírica que deu forma á identidade visual galega ata hoxe. Na súa mestría concibiu imaxes que seguen vixentes, establecendo á vez unha linguaxe representativa tan natural como sofisticada. Nel emerxen o Romanticismo, o Simbolismo, o Prerrafaelismo ou o Art Decó. Nesta síntese nace o seu singular estilo, no que recolle igualmente a influencia das Vangardas de Europa e de grandes figuras. Richard Wagner, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Anxo Casal, Eduardo Pondal ou os Ballets Rusos son algunhas das máis importantes. Nestas facetas tamén se suma, polo seu compromiso, a da política. A súa contribución intelectual e cívica foi tanto artística como persoal, conformando un legado que acompaña as seguintes xeracións.

Additional information

Autor

Iria-Friné Rivera Vázquez

Formato

153x230mm

Nº de páxinas

398

ISBN

978-84-122408-7-0

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *