XX PREMIO VICENTE RISCO DE NARRATIVA
Dous mortos: un mozo que restauraba unhas pinturas medievais, e o mecánico que lle amañara o coche no que sufriu o accidente. Unha nai obstinada en esclarecer o sucedido. Un crego que mira piadosamente polos intereses da parroquia. Unha aldea a piques de desaparecer. Unha prostituta rusa. Un chulo de maneiras expeditivas. Un empresario que fixo fortuna en Panamá nos tempos da ditadura. E un profesor xubilado que se verá metido na investigación por lealdade a un amor de xuventude, e porque “non ten nada mellor que facer”. Ao fondo o mar azul petróleo con cheiro a materias podrecidas que canta a ladaíña existencial da vida.
A xuízo do xurado do XX Premio Risco de Creación Literaria: “O texto seduce xa dende o inicio, convidando a acompañar a historia e as personaxes até o desenlace. Destacando a voz narradora, que se presenta como una persoa do común pero, ao tempo, excepcional.”
Reviews
There are no reviews yet.