Festividades de inverno na provincia de Ourense. Máscaras, rituais e personaxes

16,00

Obra gañadora do XXIII premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais

Neste estudo froito dun amplo traballo de investigación etnográfica, o autor achega as realidades e a importancia que para a poboación supoñen as festas e rituais que na provincia de Ourense se desenvolven durante o período da invernía. Situacións que contan cun forte arraigo e se asentan nunha tradición transmitida de xeración en xeración, resultando ser un dos grandes tesouros que garda o excelso patrimonio inmaterial galego.

Fundamentado nun arduo traballo de campo, no que aparecen representados o 60% dos concellos da provincia, e cun alcance en 150 núcleos de poboación, esta monografía fai un percorrido polas orixes, características e desenvolvemento das celebracións de Nadal, festas ígneas, romarías e do ciclo de entroido. En definitiva, por todos os elementos e situacións que resultan ser altamente significativos para a configuración desta identidade.

Amósase un catálogo de máscaras, personaxes e rituais que conforman o folclore destas festas, afondando en cada un deles dun xeito descritivo, histórico, evolutivo e parando no que significan tanto de xeito individual como no colectivo do que forman parte. Establecendo así mesmo paralelismos con situacións análogas que aparecen noutros lugares do mundo e emprendendo unha viaxe que nos leva pola celebración destes rituais ao longo da historia.

Aquí fican relatos, informantes, testemuñas, vellas cantigas e gran variedade de situacións que durante moitos invernos lle deron pulo ás relacións interpersoais e a unha realidade social que olla estas celebracións como un xeito de vida.

Category: Tag:

Additional information

Autor

Carlos X. Ares Pérez

Formato

153x230mm

Nº de páxinas

260

ISBN

9788412103908

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Festividades de inverno na provincia de Ourense. Máscaras, rituais e personaxes”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *