Do Doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na vida e na obra de Vicente Risco

18,00

Obra gañadora do XXIV premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais

Esta obra pretende ser un primeiro achegamento ao ocultismo na vida e obra de Vicente Risco. Nela amósase que o ocultismo foi unha influencia fundamental no seu pensamento durante toda a súa vida e presente en toda a súa obra, tanto xornalística, ensaística, como de ficción, en elementos e citas espalladas aquí e acolá, dende as súas primeiras obras como “D’o caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros” até as últimas como pode ser “Orden y Caos” ou “La Puerta de Paja”. A partir dos feitos traumáticos da Guerra Civil, o propio Risco encargouse de queimar cartas, libros e calquera cousa que o puidese comprometer e relacionar coa heterodoxia e o ocultismo, pero non puido acochar os seus artigos de épocas anteriores en revistas como La Centuria e na propia revista Nós, que trataban eses temas e amosaban a súa relación de amizade con ocultistas de recoñecido prestixio, como por exemplo Mario Roso de Luna, o insigne teósofo estremeño. Todos estes datos, xunto coas escasas cartas do propio Risco que se conservan relacionadas con este tema, valen para artellar parte dun crebacabezas pendente de reconstruír: a relación dos intelectuais e escritores daquela altura cos movementos do ocultismo galego e ibérico.

Mercar

Category: Tags: , ,

Additional information

Autor

Félix Castro Vicente

Formato

153x230mm

Nº de páxinas

260

ISBN

978-84-121039-9-1

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Do Doutor Alveiros á porta de palla. O ocultismo na vida e na obra de Vicente Risco”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *